Novidade!
ENTRADA III LEIRAFEST OS BIOSBARDOS 12 SEP 2026
Con moita ilusión e ganas anunciamos o III LEIRAFEST: ARTE NAS LEIRAS
Lugar: en Os Biosbardos, cultura de leira – Cambre
Data: 12 de setembro de 2026
Horario: de 11:00 h a 22:00 h
Entradas: 15 € (crianzas de ata 10 anos entrada de balde)
Atención: aforo limitado, non quedes sen a túa.
O LEIRAFEST é un evento solidario, polo que todo os beneficios serán doado a entidades sociais locais.
Contaremos con:
- Exposicións de arte nos distintos espazos de Os Biosbardos
- Mesa redonda
- Obradoiros e xogos para crianzas e persoas adultas
- Mercadiño artesanal
- Música en directo
- Comida
E moitas máis sorpresas...
Un día para compartir, aprender e gozar en plena natureza.
Pouco a pouco iremos anunciando toda a programación.
Máis información por mensaxe directa ou no teléfono: 623 005 776
Cartaz deseñado pola artista @rgb_roy
Moitas grazas!
Agardámosvos
Nota: Ao adquirir a túa entrada aceptas as normas de acceso e seguridade do LeiraFest e autorizas a posible captación de imaxes do evento para a súa difusión nas canles de Os Biosbardos. A organización non se responsabiliza dos danos derivados de condutas imprudentes, do incumprimento das normas ou de circunstancias alleas á organización.