"Leiriño"

195,00 € IVE incluído
Unidades

Descrición

Descrición do Produto

LEIRIÑO é un bancal modular de cultivo agroecolóxico de 7 metros cadrados que ten un custo fixo anual. Nesta parcela, Os Biosbardos cultivará o máximo posible do produto durante un período de 1 ano desde a data de compra do produto.

Toda a produción obtida entregarase de xeito periódico e gratuíto no enderezo indicado sempre que estea dentro do territorio da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas.

Podes escoller entre as distintas variedades de plantas e sementes de Os Biosbardos sen custo adicional ou tamén podes traer as túas propias sementes ou plantas, sempre que sexan legais no noso territorio. No caso de querer algunha semente ou planta externa, pódese intentar a súa obtención e facturarase adicionalmente o seu custo.

• O equipo de Os Biosbardos encargarase do coidado, mantemento, recollida e entrega dos produtos do Leiriño en condicións normais. Tamén existe a posibilidade de que colabores con estas tarefas sempre que che apeteza. Podes vir no noso horario laboral sempre que queiras coidar e gozar da evolución do teu Leiriño.

• Trátase dunha edición limitada de 10 Leiriños Early Bird.

• Coa compra dun Leiriño estás contribuíndo a unha economía local e sostible.

• En condicións normais de cultivo poderás obter un rendemento equivalente ao prezo do Leiriño. En condicións favorables e cunha selección de plantas gourmet, pódese obter un valor de mercado moi superior ao investimento. A cambio, coa compra do Leiriño asúmese o risco derivado dunha mala tempada como consecuencia de variacións meteorolóxicas, catástrofes naturais, etc.

 Condicións de Venda

• Oferta válida no territorio da Reserva de Biosfera As Mariñas.

Otras opcións, baixo demanda, a convir.

 

OsBiosbardos.com

.

Comparte este produto