Bono Colaborativo 2 €

2,00 € IVE incluído
Unidades

Descrición

AGORA PODES COLABORAR COA COCIÑA ECONÓMICA


"Os Biosbardos • Cultura de Leira" súmase á obra social da Cociña Económica, unha entidade de referencia na Coruña e en Galicia, coa súa actividade asistencial, proporcionando comidas a quen máis o necesitan.


Agora podes colaborar coa Cociña Económica mediante os teus pedidos a "Os Biosbardos • Cultura de Leira", a través dun bono coa achega que desexes2 €, 10 €, 50 € ó 100 €, que será entregado como produto de tempada das nosas Leiras.

É moi sinxelo:

  • Entra na Tenda Online de "Os Biosbardos • Cultura de Leira", do modo habitual

  • Elixe o bono colaborativo co que desexes facer a túa achega á Cociña Económica

  • Chegaráche o albará de compra de “Os Biosbardos” coa túa compra e o importe do bono achega da túa elección

  • "Os Biosbardos" fará entrega á Cociña Económica do produto de horta de tempada dispoñible por importe do bono seleccionado e chegarache unha foto da cesta fornecida.

  • Fin do proceso: "Os Biosbardos" e a Cociña Económica agradecen a túa colaboración.

.

Comparte este produto