Naranja de Valencia Kg

2,50 € IVE incluído
Unidades

Descrición

Máis valenciana cá paella un domingo… e moito máis fácil de pelar

Dende os nosos campos en Valencia chega esta laranxa de confianza, criada ao sol e con todo o sabor cítrico que esperas dunha boa mediterránea. Doce, refrescante e cun toque ácido que esperta ata a quen non madruga.

É perfecta para facer zume, pero tamén brilla en gajos como tentempié, en ensaladas, sobremesas ou pratos salgados. Vai ben con todo (menos coa impaciencia, que ela é de madurar ao seu ritmo).

Ao ser de produción propia, coñecémola como á palma da man: sen artificios, sen voltas, só sabor e natureza no seu mellor estado.


Receita sinxela: Ensalada fresca de laranxa, aguacate e allo terno


Ingredientes:

1 laranxa pelada e en gajos
½ aguacate de Os Biosbardos en láminas
1 puñado de allos tenros de Os Biosbardos, picadiños
Aceite de oliva virxe extra
Sal en escamas e pementa negra


Preparación:

Coloca os gajos de laranxa nun prato bonito.
Engade as láminas de aguacate e os allos tenros por riba.
Bota aceite de oliva, sal e pementa.
Mestura con mimo e… listo para desfrutar!

Comparte este produto