A entrega dos pedidos realizarase no domicilio ou dirección indicada no pedido ou á persoa designados libremente polo usuario. De tal forma, Os Biosbardos non asume responsabilidade algunha por cando a entrega do produto ou servizo non chegue a realizarse como consecuencia de que os datos facilitados polo usuario sexan falsos, inexactos ou incompletos ou cando a entrega non poida efectuarse por causas alleas a Os Biosbardos, como o é a ausencia do destinatario.
Un pedido considérase entregado no momento en que o transportista entrega o paquete ou os paquetes ao cliente e esta firma o documento de recepción de entrega. Corresponde ao cliente verificar o estado da mercadoría á recepción e indicar todas as anomalías no albarán de recepción de entrega.
Por defecto, as facturas enviaranse á dirección email indicada polo cliente na hora da súa alta en Os Biosbardos.
O compromiso adquirido por Os Biosbardos de venda e entrega da mercadoría ofertada queda supeditado ao stock do produto anunciado e á dispoñibilidade do mesmo até fin de existencias, polo que Os Biosbardos, no seu compromiso de calidade e servizo ao cliente, tentará en todo momento que os produtos publicitados estean dispoñibles. Con todo, de concorrer circunstancias excepcionais que provoquen o fin de existencias do produto, o pedido e o contrato subscrito entre as partes quedarán sen efecto.
A entrega de Pedidos realizarase dependendo da data de recepción do pedido por parte do vendedor.
2 entregas semanais: Martes e Venres.
Martes: pedidos realizados entre Xoves e Domingo.
Venres: pedidos realizados entre Luns e Mércores.
Custo Entrega a Domicilio: 5€, sen custo para pedidos de 30€ ou máis
Venda Directa de Leira: 20% DTO.
Non hai pedido mínimo.
Área de Entrega: A Coruña, Cambre, Culleredo, Oleiros (…)
Envíos fóra da área de Entrega: consultar dispoñibilidade en 630.659.127
As Condicións Particulares poden sufrir modificacións segundo criterio operativo e de xestión de Os Biosbardos e serán transmitidas ao USUARIO a través da Tenda Online cando se produzan.
As entregas efectuaranse en bolsas ou caixas cun peso máximo de 20 kg. Para pedidos de maiores cantidades é necesario o contacto directo previo.
É posible programar un envío de forma periódica coordinándoo en ola@osbiosbardos.com ou chamando ao 630.659.127 en horario de 10h00 a 13h00 e de 16h00 a 19h00 de Luns a Venres.